O Concello ultima o proxecto para trasladar a aula de informática do cemit á casa da cultura

O concello do Carballiño está ultimando o proxecto para ubicar na Casa da Cultura a aula de informática do Cemit e trasladada do seu actual emprazamento na casa consistorial.

O obxectivo é poder aproveitar para uso propio do concello a dependencia que ocupa agora mesmo esta aula no terceiro andar da casa consistorial, e que resulta esencial para establecer as medidas de seguridade do persoal municipal, ao tempo que se podería ampliar o horario de apertura da aula, xa que se podería abrir tamén pola tarde e os sábados pola mañá, coincidindo co horario da biblioteca pública municipal.

AVANTAR ACTIVIDADES

O proxecto de reubicación da aula Cemit, que será instalada na última pranta da Casa da Cultura, seralle trasladado á Xunta de Galicia para a súa aprobación, pois é quen ten a competencia sobre este servizo público. A aula Cemit ten catorce prazas dotadas con catorce ordenadores, ademáis dunha plantalla de proxección, que se manterán o novo proxecto