O PSDEG-PSOE DE LEIRO PREGUNTALLE O CONCELLO QUE MEDIDAS PROTOCOLARIAS DO COVID19 ESTÁN LEVANDO NA PRAIA FLUVIAL DO RÍO AVIA O SEU PASO POR LEIRO
O PSdeG-PSOE de Leiro di que ai bastante desinformación con respecto si o Concello esta a levar algún tipo de medida ante a crise sanitaria que está afectando en todos os factores.
VIDEO
O voceiro socialista, Manuel Rodríguez lle pregunta no seu escrito o Concello si desde o Grupo de Goberno hai un Protocolo de actuación para a zoña de baño da praia fluvial de Leiro, xa que se debería regular o acceso ou aforo tendo en conta os metros entre bañistas, así como facer unha limpeza e desinfección da zona de baño, asi como dotar de carteis na zona, advertindo as medidas de hixiene e prevención o COVID-19.
Reclaman que a veciñanza ten que estar debidamente informada, e exixen que se adopte coa máxima urxencia as medidas necesarias na praia fluvial.
Pola súa banda, o alcalde, Francisco José Fernández, informa a este medio de que a pesar de que se están a realizar traballos de limpeza, desbroce e acondicionamento na praia fluvial así como noutras zonas do concello e parroquias, non hai protocolo establecido para o baño porque directamente o baño non está permitido en augas doces.
O pasado 25 de maio o Ministerio de Sanidade emitiu un informe no que destaca a prohibición da desinfección da area e o entorno natural e desaconsella o baño en ríos, lagos e pozas de auga remansada xa que a supervivencia do coronavirus pode ser maior que na auga salada ou tratada das piscinas.