O carballiñes Iván Corral, presidente do automovilismo galego retira a súa candidatura a federación española

Según publica a Voz de Galicia O Comité Galego de Xustiza De­portiva resolveu a inhabilitación por un ano do presidente da Federación Galega de Automobi­lismo ( FGA), Iván Corral, e unha multa de 25.193 euros. Determina que non poderá exercer postos fe­derativos polo « aproveitamen­to particular e ilexítimo do seu cargo», ao alugar locales da FGA á súa muller por 26.266 euros anuais; e fixa unha sanción por «abuso de autorida­de»,nun importe equivalente ao diñeiro que cobrou como indemni­zación ao final da súa relación laboral coa entidade ao pechar o seu anterior mandato, no 2018.

Iván recorrerá a decisión e ten previsto seguir no posto, aínda que aparca a súa candidatura para presidir a Española

AVANTAR ACTIVIDADES

Na páxina web da Federación Galega de Automobilismo hai o COMUNICADO Nº 087/20 no que se rebaten as acusacións formuladas:

CAUSA ABERTA ENTRE A SECRETARIA XERAL PARA O DEPORTE E A FEDERACÍON GALEGA DE AUTOMOBILISMO

Recibindo o día 4 de xuño de 2020, notificación de resolución número 87/2019 do Pleno do
Comité Galego de Xustiza Deportiva ditada o 13 de abril de 2020, pola que ACORDA impoñer
a sanción de multa de 25.193 euros pola infracción de cobranza indebida dunha indemnización
por despedimento e inhabilitación dun ano para ocupar cargos nunha federación deportiva pola
infracción de aproveitamento en beneficio propio dos alugueres dos locais federativos por
razón do seu cargo, como responsable, da comisión de dúas infraccións previstas no artigo 116 da Lei 3/2012, do 2 de abril, de deporte Galicia, no seu apartado ñ) segundo o cal é infracción moi grave ñ) O abuso de autoridade ou o aproveitamento particular e ilexítimo do cargo que se ocupa na entidade deportiva.
É unha resolución administrativa sancionadora que de conformidade co establecido nos artigos
90 e 98 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das
Administracións Públicas, non é executiva porque non é firme na vía administrativa, tendo
en conta que se interpoñerá RECURSO DE REPOSICIÓN e solicitarase a suspensión da
execución da sanción porque é susceptible de causar prexuízos de imposible reparación.
No seu caso, se o Comité desestimase o recurso de reposición acudirase á vía contencioso
administrativa onde se reproducirá a solicitude de suspensión cautelar, polo que a sanción de
inhabilitación non será executiva ata que o Xulgado Contencioso correspondente resolva sobre
a medida cautelar.

Como xa se puxo de manifesto nas alegacións formuladas no expediente sancionador, trátase
dun procedemento inxusto e sen fundamento dirixido contra o Presidente dunha Federación
deportiva que ten un funcionamento deportivo e económico exemplar como así se constatou
nas auditorías realizadas nos últimos dez anos onde se reflicte unha xestión contable e
económica correcta e transparente, con aporte voluntario, ano a ano, de auditoría contable e de xestión.
O expediente é unha persecución persoal e política cara á Federación que presido por non ser
submiso coas ordes “do político” e defender sempre e exclusivamente os intereses do
Automobilismo de Galicia sen tinguiduras políticas, submisións debidas ou criterios deportivos
diferentes aos “oficiais”.
A persecución e atropelo que estou a sufrir será respondida ante os Tribunais non deportivos
senón xudiciais que son os que deben intervir coa imparcialidade que debe caracterizar a un
Tribunal, xa que temos probas de que o expediente non é máis que un capricho persoal e
político.

Acúsaseme de estar indebidamente encadrado no réxime xeral da Seguridade Social, que
segundo un Tribunal deportivo é equivocado, e que como consecuencia diso e da extinción da
relación laboral á que me obriga o DECRETO 16/2018, do 15 de febreiro, polo que se
establecen as bases e os criterios para a elaboración dos regulamentos electorais que deben
rexer a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas, percibín unha
indemnización por despedimento. E iso considérase unha infracción moi grave e prevalerme do
meu cargo cando nin eu decidín encadrarme nun ou outro réxime da seguridade social e cando
o percibo dunha indemnización por extinción dun contrato de traballo por vontade allea ao
traballador é automática por aplicación do Estatuto dos Traballadores. En calquera caso,
resulta un atropelo e é obvio que un Comité Deportivo non é o órgano competente para dicir
que tipo de relación laboral corresponde ao Presidente dunha Federación, e moito menos
impoñer unha sanción económica que non resolve o presunto conflito.

Acúsaseme de que realizo operacións vinculadas porque o local da Federación e o arquivo
pertencen á miña muller e que aínda que, afirma o Comité, que é certo que ambos os locais
teñen un prezo de mercado, mesmo inferior ao de mercado que a Federación podería estar
situada noutros locais.
Outro atropelo por varios motivos, primeiro porque quen decide onde se sitúa a sede da
Federación é a Asemblea e así o fixo no ano 2003 e é un acordo que ninguén recorreu e que
se puxo en coñecemento da Secretaría que non se opuxo en ningún momento. Desde o ano
2003 polo cal estaría prescrito.
Profundando máis no tema, o propio Comité Galego de Xustiza Deportiva, no seu expediente número 13/2006, por mor dunha denuncia de parte sobre o mesmo tema dos alugueres, xa xulgou e arquivou o expediente por entender que non era constitutivo de infracción, polo que si
estariamos ante “cousa xulgada”. En segundo lugar porque a renda que se abona e a quen se abona, que é de mercado porque así se acreditou cun informe pericial, aparece nas contas que son auditadas cada ano desde o 2010.

En terceiro lugar porque non existe ningunha prohibición legal que impida que o local onde se sitúa a Federación pertenza a algún membro de Xunta Directiva.

A Federación necesita un local, ten un local acondicionado con todas as tecnoloxías e medios
necesarios para o exercicio da actividade, un local que é a envexa de moitas outras
Federacións debidamente amoblado e equipado polo arrendador, para o desenvolvemento das
súas funcións e paga unha renda inferior ao prezo de mercado polo que devandito gasto
existiría sexa quen sexa o propietario do local.
Por tanto non existe ningunha infracción administrativa deportiva, nin abuso de autoridade nin
aproveitamento particular do cargo.

Por último, manifestar que grazas a este apoio recibido da Administración Deportiva de Galicia
desistimos de presentar candidatura á Federación Española de Automobilismo, para
dedicarnos exclusivamente a defender o bo nome da Federación Galega de Automobilismo e
dos seus órganos de goberno cuxas decisións se están cuestionando por un Tribunal Deportivo
por razóns políticas e non deportivas.
Por iso, a Xunta Directiva e Comisión Delegada da Federación Galega de Automobilismo en
reunión celebrada para o efecto o 7 de febreiro de 2020 acordaron por unanimidade dos seus
membros expor todas as denuncias e accións legais a que houbese lugar en defensa do bo
nome e das lexítimas decisións adoptadas polo seu Presidente e os seus órganos de goberno.

Para clarexalo fondo da causa aberta entre a Secretaría e a Federación temos que informar
que o que colmou a paciencia, dos directivos da Federación Galega de Automobilismo, foi o
destimento do político de apoiar á Federación no eido da celebración de probas nas Eurorrexións Eurocidades, que si teñen todo o apoio da UE.

A Federación tivo un contencioso administrativo coa homónima estatal, o cal a Administración Autonómica desistiu de presentarse e defendelos intereses de Galicia e dos Galegos. O político ascendía de cargo a Madrid e podía ser contraproducente para a súa ambición persoal. Por elo o Xulgado do Contencioso, ó non presentarse a Autonomía no caso a defendelas súas competencias exclusivas en materia deportiva, según o artigo 27.2 do noso Estatuto de Autonomía, dediciu condenar á Federación Autonómica, economicamente e restrinxiuna ata a data para poder facer probas legais nas Eurorrexións Eurocidades limítrofes con Portugal.

Acto seguido volve o político a Galicia ó cargo anterior, e volvemos a solicitar apoio e xustiza, e néganola por ser moi difícil defendela en Europa. Unha vez máis Galicia volve a ser atropelada , en contra das directivas da UE. Facemos unha reflexión en voz alta sobre si os Galegos temos os políticos que nos merecemos ou e unha maldición bíblica que temos que soportar con resignación desde sempre.

¡¡GALICIA PARA OS GALEGOS!!