Persoal para as oficinas de turismo do Carballiño e a Mancomunidade Turistica

A Xunta notifica a trece entidades locais da provincia de Ourense que contarán con axuda para contratar persoal nas oficinas de turismo. o Carballiño e a mancomunidade turistica do Carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro

A oficina de turismo do Carballiño estáse a preparar nestes días para a súa apertura que adoita ser neste mes e xusto hoxe a Xunta anunciou esta axuda económica. As entidades beneficiarias recibirán 5.500€ para reforzar o persoal das súas oficinas de turismo, xerando emprego e ofrecendo un servizo de calidade.

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO

Contarán con esta axuda a mancomunidade turística de concellos do Carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro; e o concello do Carballiño.

Díaz Mouteira indica que con esta medida búscase, en liña co previsto no Plan de Reactivación do sector turístico, fomentar o emprego, así como a colaboración cos concellos a través da contratación de persoal cualificado e profesionalizado que contribúa a blindar a calidade na atención turística no territorio galego.