Ribeiro en Común esixe que o concello non cobre a taxa de terrazas á hostalaría como medida de axuda.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Denuncia que se lles cobrou a taxa a hosteleiros desoíndo a petición do noso grupo de eximir o cobro en 2020 a raíz da crise do covid-19, como medida de axuda a un sector que tivo que pechar.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Reclamamos tamén que o concello  amplíe de oficio a superficie de terraza para estes establecementos sen custe algún durante o actual exercicio, tamén como medida de axuda a este sector

Ribeiro en Común ten constancia de queixas de hosteleiros aos que neste momento de crise se lles está cobrando a taxa por ocupación de espazo público de mesas e cadeiras con finalidade lucrativa. O goberno actúa así a pesar de que o noso grupo ten solicitado, reiteradamente, que unha das medidas de axuda a este sector tan perxudicado pola crise do covid-19, fora eximilos desta taxa.

Así mesmo, Ribeiro en Común tamén propuxo no seu día que se ampliara a superficie destinada a terrazas como medida de compensación a este sector, a pesar do cal o goberno de Ribadavia aínda non actuou neste sentido.

Por todo isto, Ribeiro en Común levará ao vindeiro pleno municipal esta proposta que obrigue ao goberno a axudar ao sector da hostalaría, xa que ata o de agora non o fixo.