Onte comezaron a facerse os tests rápidos as preto de 900 persoas das comarcas do Carballiño e o Ribeiro que participarán voluntariamente na segunda onda do estudo epidemiolóxico de seroprevalencia do covid19 que realiza o Sergas
Sanidade realizará ao redor de 50.000 tests nesta segunda onda do estudo cuxa primeira fase realizouse no pasado mes de abril. O Instituto Galego de Estadística encargouse de elaborar unha mostra representativa da comunidade galega.
Con este análise, a Consellería de Sanidade estimará a evolución e a prevalencia da inmunidade fronte o COVID-19 dun xeito mais amplo porque poderá comparalo cos resultados da primeira onda.
VIDEO
Hoxe e durante toda a semana realizaranse os tests para o que se instalou xunto ó ambulatorio unha carpa para realizar as probas.
A proba consiste nun análise de sangue, un pequeno pinchazo no dedo que se fará en intervalos de dez minutos. Quen se achegue en vehículo ata o ambulatorio non terá que baixar del para facer esta proba. No caso de que a persoa seleccionada esté encamada, o persoal do centro desplazaráse ata o seu domicilio.
En 15 minutos estará o resultado pero trala proba a persoa marchará e recibirá unha chamada telefónica co resultado no mesmo día. Se o resultado é positivo, o médico xa lle indicará o protocolo a seguir