Espazo Común : ” o nepotismo e o amiguismo instalanse coma prácticas habituais no concello do Carballiño “

Os repartos económicos entre os traballadores ou a preferencia por mercar en negocios vinculados a membros do PSOE carece de ética de ningún tipo.

Segundo o diccionario da RAG, o nepotismo consiste na práctica de quen abusa da influencia ou poder que ten, para dar cargos, prebendas etc., a familiares e amigos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Esta definición encaixa á perfección co que está a acontecer no Concello do Carballiño, onde o grupo de goberno está a facer unha máis que dúbidosa utilización dos recursos públicos.

Xa temos denunciado dende Espazo Común o incomprensible costume do alcalde Fumega de convidar a empresas de fóra para obras ou de mercar produtos que se poderían adquirir no Carballiño a negocios doutras localidades.

Agora atopámonos con que cando acorda mercar no pobo faino con criterios máis ca sospeitosos. No primeiro trimestre do ano a tenda propiedade dunha persoa que concurriu na lista do PSOE ás pasadas municipais facturou case 1.500 € ao Concello, entre outros conceptos, pola compra dos caramelos da Cabalgata de Reis. Curiosamente, existen varios negocios máis do mesmo sector no pobo e non nos consta que tan sequera se lles pedira orzamento.

Os membros da devandita lista que son empregados muncipais tamén se viron xenerosamente recompensados no reparto de cartos por produtividade e gratificiacións extraordinarias durante o ano 2019.

Máis de 5.000 € recibiu nestes conceptos unha traballadora do Concello que concurriu na lista de Fumega no pasado mes de maio e arredor de  2.300 € o familiar directo dunha ex-concelleira que tamén formou parte da mesma candidatura. A media do resto de empregados municipais está moitísimo por baixo desas cifras.

Se o alcalde quere premiar aos seus acólitos, que o faga con recursos propios ou do seu partido pero que non empregue cartos municipais para repartir agasallos.