Instalada unha nova marquesina en Partovia para uso do transporte escolar e dos veciños

A localidade de Partovia xa conta cunha nova marquesina, que se instalou na praza da fonte, no centro do pobo, ao pé da estrada OU 208.

Dita instalación ven a cubrir a necesidade dun servizo que se viña solicitando por parte dos veciños dende hai tempo, pois os escolares e os propios veciños debían agardar polo transporte á intemperie.

AVANTAR ACTIVIDADES

Trátase dunha colaboración entre a concellería de Medio Rural, que coordina Rosa Fuentes, e a Xunta de Galicia, e que suporá a instalación doutras dúas marquesinas, unha en Godás do Río, na N 541, e outra en Costoia, ao pé da estrada OU 401 O Reino-O Carballiño.

Esta iniciativa forma parte do plan de mellora de servizos nas aldeas e parroquias por parte da área municipal de Medio Rural.