Sofía García denuncia un novo incumplimento na elaboración das bases para axudas do concello ao non ser incluídas na convocatoria da comisión informativa
Tras denunciarmos a externalización da elaboración das bases, con todos os trámites burocráticos engadidos que iso supón, e a pesar de contar con persoal preciso no concello para acometer axilmente dita función. Xa puñamos de manifesto o noso desacordo nun proceso que demoraba inxustificadamente a concesión de axudas, mentres a veciñanza segue agardando e padecendo as consecuencias.
A pesar das afirmacións do alcalde de ter as bases practicamente rematadas e que estarían listas para pasar pola comisión informativa previa ao pleno do 15 de xuño, e na que os grupos puidesemos facer todas as aportación precisas, a convocatoria da comisión informativa pon de manifesto que o goberno municipal segue sen ter as bases listas.
Convocada a comisión informativa as bases seguen sen aparecer por ningunha parte. “Un mes despois de aprobarmos as partidas orzamentarias en pleno, e case tres meses despois do inicio da paralización económica causada pola COVID-19, que puña máis que en evidencia a chegada dunha crise económica para o tecido económico e os sectores sociais máis sensibles o concello continúa sen efectivizar as medidas coas que paliar a grave situación a que nos enfrontamos” manifesta García, voceira municipal do BNG.
Ante esta situación o BNG presentará unha moción de urxencia exixindo a axilización destes trámites e coñecer cal é o estado real da elaboración das mesmas. E se for preciso que se elaboren por quen as tiña que ter elaborado desde un primeiro momento, o persoal do concello, aforrando cartos públicos e demoras innecesarias.