Rolda de prensa de Bernardo García

O voceiro de MODEPEN, Bernardo García, deu unha rolda de prensa para animar aos veciños a participar na marcha cívica de Modepen, Trega e familiares de vítimas de falecidos nas residencias por uns servizos 100% públicos.

MODEPEN (Movemento pola Defensa das Pensións), TREGA (Traballadores de Residencias de Galicia) e familiares de vítimas  de falecidos nas residencias , convocan marchas reivindicativas nas principais cidades de Galicia, para esixir responsabilidades e tomar as medidas oportunas para que isto non volva a suceder. En Ourense terá lugar este xóves día 11 de xuño ás 20.30 na Praza Maior.

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO

Consideran que a crise producida pola pandemia do covid19  descubriu as carencias dos servizos asistenciais en xeral e das residencias de maiores en particular. Nos últimos anos a Xunta de Galicia mativo unha política privatizadora das residencias de maiores, que priorizan o negocio en detrimento dos coidados aos residentes. O 98% dos falecidos produciuse en residencias privatizadas.

Critican que a Xunta non exerceu as competencias de inspección destas residencias e coa chegada do virus e a sabendas de que as residencias poderían ser focos de contaxio, actuouse con total falta de previsión e anticipación.