A asociación fotográfica O´Potiños organiza “pon unha foto na rúa”, que terá lugar o domingo, 28 de xuño, na praza maior

A asociación fotográfica O´Potiños organiza unha nova edición da iniciativa “pon unha foto na rúa”, que terá lugar o domingo, 28 de xuño, na praza maior

A Asociación Fotográfica O´Potiños, en colaboración co concello do Carballiño, convoca unha nova edición da iniciativa “Pon unha foto na rúa”, que terá lugar o domingo, 28 de xuño, na Praza Maior.

AVANTAR ACTIVIDADES

Trátase de convidar aos veciños da vila a participar activamente nesta experiencia que se celebra a nivel mundial, como un acto de promoción da fotografía, deixándose fotografiar polos integrantes da asociación.

Este evento foi presentado hoxe polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e o presidente do colectivo fotográfico, Manuel Blanco, no salón de plenos do concello, que se desinfectou previamente, tal e como se leva a cabo antes de cada reunión.

Diego Fernández amosou a súa satisfacción por ser a primeira actividade cultural que se programa e se presenta durante o covid 19, e por eso expresou o seu agradecemento e felicitación ao colectivo O´Potiños.

“Teñen a valentía de facer unha actividade cultural, que marca a entrada na nova normalidade, e que se realizará con todas as garantías de prevención e seguridade”, según dixo.

Así mesmo, destacou que “falar de fotografía no Carballiño e en Galicia, é facelo da asociación O´Potiños”, polo que recoñeceu o valor de dar un paso adiante”.

Manuel Blanco tamén amosou a súa alegría por poder dar un puco de vida ao pobo. Dixo que durante estes meses o colectivo estivo parado, pero que estaban moi orgullosos por poder realizar a primeira actividade cultural no Carballiño tras o confinamento polo covid 19. Ao respecto dixo que era o momento de comezar a andar de novo, ainda que tomando todas as medidas de prevención e seguridade requeridas.

A edición de “Pon unha foto na rúa 2020” terá a novidade de que durante a semana anterior vanse colocar na Praza Maior uns mupis con 16 fotografías de gran formato sobre personaxes do Carballiño.

E o propio día 28 de xuño, colocarase un set para fotografíar ás familias e persoas que o desexen, e sempre mantendo as normas de prevención, desinfectando o set constantemente tras cada uso. Para a montaxe deste set, o colectivo contará coa colaboración dunha empresa especializada en decoración. Oito fotógrafos da asociación encargaranse de realizar as fotografías, que serán expostas posteriormente e que se lles entregarán aos seus protagonistas.

Manuel Blanco asegurou que esta actividade sempre tivo moito éxito no Carballiño, e que esperaba que esta edición fose tamén moi participativa pese ás circunstancias.

Finalmente, dixo que en total teñen previsto tomar unas cen fotografías ede familias, grupos e persoas.

NOVAS INICIATIVAS Así mesmo, Manuel Blanco anunciou que o colectivo ten previsto desenvolver máis actividades ao longo deste ano, e que as darán a coñecer próximamente