Ribeiro en Común esixelle ao goberno local que reclame a garantía do campo do Xestal

O terreo de xogo do Xestal segue en mal estado e suscita reiteradas queixas dos usuarios. Estes meses de peche dos recintos deportivos non foi aproveitado por Concello e Deputación para arranxar o problema.

Negaron sempre as reclamacións do noso grupo sobre o mal estado do campo, aducindo que co bo clima se arranxanría, a realidade é que non foi así. A proba é que as queixas dos usuarios continúan e que hoxe mesmo representantes da Deputación vironse obrigados a visitar o campo e valorar o seu estado. Os grupos municpais denunciamos a falta transparencia xa que se nos ocultou  por parte da Alcaldía esta información.

AVANTAR ACTIVIDADES

A obra deste novo campo, que foi un investimento conseguido na lexislatura pasada, foi  executada baixo a supervisión do actual goberno local, o cal non fixo o seu traballo correctamente.

Así,  inaugurado no inverno do 2019 tras unha obra  de 350.000 euros, e cunha duración que triplicou os prazos, atopase nun estado lamentable.

Desde fai 6 meses, no inverno 2019 ao igual que no último Pleno de febreiro, o noso grupo denunciaba o seu estado calamitoso. A reposta do goberno local foi ignorar a nosa reclamación. No paso pleno, de maio, fixemos o propio así como nos últimos Consellos Municipais de Deportes, onde a alcaldía nos respondeu que o seu estado era bo e que na época de confinamento se procedeu a  “cepillar o terreo de xogo”.

A realidade é que este simple “cepillado” nada arranxou, e que este tempo de clausura de instalacións deportivas non foi aproveitado polo Concello para reclamar a garantía e comezar a resolver o defecto de obra.