Unha veciña Maceda tivo que ser excarcerada tras envorcar o vehículo que conducía en Teimende.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Ao lugar acudiron distintos efectivos do Subsector de Tráfico de Ourense , Protección Civil de Castro Caldelas e unha Ambulancia medicalizada do 061.

Os feitos tiveron lugar ao redor das 8:25 horas da mañá deste xoves na OU-0604 á altura da poboación de Teimende ,concretamente no quilómetro 8,5 cando unha muller de 44 anos, e veciña de Maceda ,sufriu unha saída de vía co seu turismo que terminaría envorco.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Deu conta do sinistro o centro de emerxencias 112 que activaría todos os recursos necesarios , desprazándose ao lugar en apoio ao auxilio requirido; efectivos da Garda Civil pertencentes ao Destacamento de Tráfico do Barco ao estar en disposición de dar unha máis pronta resposta e Equipo de Atestados de Tráfico de Ourense. Activaríase tamén unha unidade de soporte vital básico con apoio médico pertencente ao centro médico de Parada , o cal brindou á condutora as atencións necesarias, mentres os Equipos de Protección Civil De Castro Caldelas e Parada de Sil afanábanse nos labores de excarceración. Posteriormente acudiría como reforzo á atención sanitaria inicial unha Unidade de Soporte Vital Avanzado, aínda que inicialmente o facultativo médico que prestou unha primeira atención á vítima, solicitou o helicóptero medicalizado do 061 non foi posible contar co devandito recurso polas condicións meteorolóxicas do momento.

ductora e única ocupante sería ao fin evacuada tras tediosas labores de excarceración pasadas as 10 da mañá e posteriormente trasladada ao CHUO, polo momento o alcance das lesións reviste carácter reservado ata unha adecuada valoración en Centro Hospitalario.
As causas que puideron ocasionar a saída de vía aínda están en estudo por parte dos Equipos de Etestados aínda que polo momento descártanse a influencia de consumo de alcol ou drogas, as primeiras hipóteses apuntan a unha distracción da condutora.