A Xunta traballa en colaboración co sector do ocio nocturno para que abran coas máximas garantías sanitarias o 1 de xullo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reúnese por videoconferencia con representantes de asociacións de empresarios de ocio nocturno.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha xuntanza con representantes do sector

O obxectivo é manter contactos durante as próximas semanas para consensuar as medidas que permitan unha reapertura “absolutamente segura”

AVANTAR ACTIVIDADES

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha reunión con representantes do ocio nocturno de Galicia para continuar co diálogo, logo de que a Xunta acordarse atrasar a apertura destes establecemento ao 1 de xullo.

O obxectivo desta reunión, e das que seguirán, é acadar un consenso co sector para pactar as medidas necesarias que permitan que, cando se produza a reapertura, esta conte “coas máximas condicións de seguridade, garantindo que acudir a calquera local de ocio en Galicia sexa absolutamente seguro”, explicou o vicepresidente.

Por último, o vicepresidente agradeceu a comprensión dos empresarios do sector coa decisión de atrasar a súa apertura e valorou tamén a súa “firme vontade” de traballar para que se cumpran as máximas garantías sanitarias nos seus locais.