O BNG exixe medidas de seguridade diante dun novo ferido nas obras do AVE en Ourense

IES CHAMOSO LAMAS

Noa Presas propón un marco galego de Relacións Laborais a partir do 12X para favorecer a negociación colectiva e as condicións de traballo

A formación nacionalista critica ao goberno central e a Xunta de Galiza por non dar exemplo nin auditar as obras da alta velocidade

HIPER MASIDE

AUDIO Noa Presas

A organización nacionalista exixiulle ao goberno do Estado e a Xunta de Galiza que non miren para outro lado ante o elevado número de accidentes laborais que están acontecendo nas obras do AVE. O BNG sinalou que a administración pública ten que dar exemplo e a cabeza de lista da formación comprometeuse a apostar por un marco galego de Relacións Laborais e competencias propias en materia de inspección de traballo.

A formación nacionalista acaba de coñecer que un traballador das obras do AVE resultou ferido nun túnel situado na localidade da Gudiña o pasado mércores. “Apelamos a que  Xunta de Galiza e o goberno do Estado deixen de mirar para outro lado mentres que as obras do AVE están escravizando e custando vidas” sinalou a cabeza de lista do BNG.

“Neste país xa morreron máis de dez persoas nas obras e hai unha sinistralidade enorme que no mes de maio a CiG denunciou ante a Inspección de Traballo” lembrou Presas sabendo que afortunadamente non supuxo unha nova perda humana este accidente. Continuou explicando que “a administración pública ten que dar exemplo e non facer o contrario” e sinalou que os gobernos central e galego teñen que “tomar medidas e auditar as obras do AVE”.

Desde o BNG comprométense a que, a partir do 12X liderando a Xunta, Galiza teña “competencias plenas en inspección laboral para fiscalizar todo o acontecido e establecer un marco galego de Relacións Laborais que favoreza a negociación colectiva”. Para a candidata do BNG por Ourense é preciso unha mellora das condicións das traballadoras que están a desenvolver a súa labor na construción das obras do AVE: “este non pode ser o prezo da alta velocidade” concluíu Presas.