Un home córtase cunha radial cando traballa nunha fábrica de Uceira

No Carballiño, un operario sufriu un accidente onte pola tarde mentres traballaba nunha fábrica do Polígono de Uceira.

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES


Segundo indicaron os servizos de emerxencias, o afectado presentaba un corte importante, polo que foi evacuado polos profesonais sanitarios. Foi, precisamente, o equipo médico quen avisou ao 112 Galicia do que ocorrera nesta nave de Uceira e rapidamente enviouse información aos axentes da Garda Civil.