A Deputación de Ourense recibe 65.000 € da Seguridade Social pola súa baixa sinistralidade laboral

A Deputación de Ourense vén de lograr o incentivo “Bonus” que concede a Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social para distinguir ás empresas e institucións que contribúen á redución da sinistralidade laboral, de acordo co previsto no Real Decreto 231/2017 de 10 de marzo, e que cuxa efectividade revirte nunha mellor protección da seguridade e saúde dos traballadores da empresa.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este Real Decreto ten por obxecto a regulación dun sistema de incentivos consistente en reducións das cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que se distingan pola súa contribución eficaz á redución da sinistralidade laboral.

O incentivo recoñece á Deputación de Ourense a súa determinación en materia de prevención de riscos para lograr unha redución da sinistralidade laboral. O abono deste incentivo, comunicado por parte da mutua e tramitado a través da mesma, foi autorizado mediante Resolución da Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social, polo ano 2018, e ascende á cantidade de 65.000 euros.