A Deputación de Ourense estuda adquirir unha frota de catamaráns 100 % eléctricos para realizar rutas termais e enoturísticas

Proba do catamarán 100% eléctiro dentro do proxecto Xouva no que colabora a Deputación Ourense no pantalán do Balneario de Laias. Asisiten Manuel Baltar (Presidente Deputación Ourense), Javier Soto (Xerente Grupo CaldariaI e Jose Ballester (Inxeneiro naval do proxecto).

Manuel Baltar e o xerente de Caldaria, Javier Soto, coñeceron en Lais as prestación deste barco, que ten unha capacidade de sete prazas; non precisa de titulación náutica para guialo, e estaría pensado para realizar rutas fluviais nas contornas de Castrelo de Miño e Arnoia  

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou o balneario de Laias, acompañado polo director xerente de Caldaria, Javier Soto, para coñecer as prestación dun catamarán pensado para ofrecer unha pioneira e novidosa proposta turística: a realización de rutas fluviais polo Miño para percorrer contornas termais e adegas vitivinícolas. O proxecto contempla, segundo explica o presidente Baltar, “estudar a compra por parte da Deputación de Ourense dunha frota de pequenos catamaráns, que teñen como característica principal o feito de ser 100 % eléctricos, coa importancia que isto supón para a contorna medioambiental”, afirma.

AVANTAR ACTIVIDADES

O barco, que conta cunha capacidade de sete prazas, non precisa de titulación náutica para ser guiado, e está pensado inicialmente para realizar rutas termais e enoturísticas pola contorna do embalsa de Castrelo de Miño, así como pola zona do balneario de Arnoia, visitando diferentes adegas da Denominación de Orixe Ribeiro.

“Esta iniciativa pode ter un enfoque turístico moi relevante -expresa Manuel Baltar-, e pode ser unha aposta de futuro e un revulsivo para explotar o enoturismo, en colaboración coas adegas e co Consello Regulador do Ribeiro. A Deputación de Ourense, que apoia o deporte náutico e enclaves como os de Laias, Castrelo de Miño e Arnoia, e que coopera co Consello Regulador, ve neste proxecto unha aposta que ten a capacidade de atraer visitantes”.

Baltar comenta que se van a manter conversas para a adquisición de varios barcos deste tipo e que a colaboración da Deputación será non só económica “senón tamén de promoción dunha iniciativa tan acertada como é a de unir termalismo e viño, un dos nosos produtos estrela”. Neste sentido, dixo que a institución provincial se reunirá co Consello Regulador e coas adegas “para estudar a estratexia neste ámbito, para pór en valor aspectos tan importantes no noso territorio como son a enogastronomía, o termalismo, a paisaxe e o medio ambiente da provincia de Ourense, a de maior potencial termal de Europa”.