Pleno ordinario da corporación do Carballiño este mércores, 17 de xuño

A elección dos membros das mesas electorais para as próximas eleccións autonómicas do 12 de xullo, o pliego de condicións para a licitación da xestión do restaurante-bar do Muiño das Lousas e o relativo ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF), son algúns dos temas que se debatirán este mércores, 17 de xuño, no pleno ordinario da corporación municipal, que comezará ás 10,00 h.

No pleno tamén se tratarán cinco mocións: unha do BNG sobre a instalación deportiva de Pena Cobertoira; outra do PP sobre o concurso de ideas a respecto do parque municipal; e tres de ESCO, relativas á apertura da Residencia do Tempo Libre, á ampliación do parque empresarial e o acordo cos veciños de Arcos na exención de taxas.

AVANTAR ACTIVIDADES