Contratación no Irixo de dous xefes de brigada, dous condutores e seis peóns

Por Decreto da Alcaldía, con data 12 de xuño de 2020, aprobáronse as bases específicas para a selección e posterior contratación de dez traballadores para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Irixo para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais.

Número e denominación das prazas: dúas brigadas para a prevención e defensa contra incendios forestais (dous xefes de brigada, dous condutores e seis peóns). Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo. Duración do contrato: 3 meses. Sistema de selección: concurso-oposición. Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao da publicación no BOP do anuncio de convocatoria, prioritariamente no rexistro electrónico do concello (oirixo.sedelectronica.es), ou no seu caso no rexistro xeral do concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.

AVANTAR ACTIVIDADES

Máis información nas bases específicas de convocatoria, que poderán ser consultadas no Concello do Irixo en horario de oficina e na sede electrónica: http://oirixo.sedelectronica.es/