Podemos informou da denuncia de varios veciños de Trabazón sobre as irregularidades que atopan na aldea modelo Trabazón

Hoxe o Secretario Técnico de Competencias Administrativas de Podemos Galicia, Manuel Nogueira, xunto con unha das veciñas afectadas polo proxecto de Aldea Modelo de Trabazón veñen de dar unha rolda de prensa na sede de Podemos Ourense, para dar a coñecer a aceptación e tramitación da denuncia contra as irregularidades e presuntas ilegalidades dadas ao longo da tramitación de este proxecto.

No caso da Aldea Modelo de Trabazón, Helena Iglesias, a persoa denunciante e afectada pola mala praxis e polo caciquismo do alcalde de O Irixo, Manuel Cerdeira e da propia Xunta de Galicia, vese perxudicada nos seus dereitos como cidadá ao obrar forzosamente o concello nas súas terras, pese a negativa da mesma por entender que hai certos erros en catastro e non haberse solucionado os mesmos por parte do alcalde como lle prometerá.

AVANTAR ACTIVIDADES

Non parece regular e incluso o xeito de proceder á hora de aprobar e presentar este proxecto de Aldea Modelo en Trabazón por parte do Señor Alcalde pode dar indicio de presuntas ilegalidades, pois xa a opacidade e falta de transparencia do xeito de proceder con os veciños, e en concreto con Doña Helena Iglesias e dos documentos aportados, son indicios suficientes para ter cando menso sospechas de certas connotacións penais ao poder ser constitutivos de prevaricación administrativa ou falsedad documental.