Rolda de prensa do Psdeg-Psoe sobre Residencias de Maiores

O Psdeg-Psoe reclama que Concello e Deputación de Ourense esixan ao parlamento de Galicia investigar o acontecido nas residencias de maiores durante a pandemia

Achegamos enlace ao audio da rolda de prensa de hoxe na sede do PSdeG-PSOE de Ourense. No audio interveñen, por esta orde, Concha García Lozano, edil no Concello de Ourense; Marina Ortega, candidata ao Parlamento de Galicia e secretaria de políticas sociais do PSdeG; e Rafa Villarino, secretario e voceiro provincial dos socialistas. No audio fan referencia a outros asuntos de actualidade.

AVANTAR ACTIVIDADES

AUDIO

Dúas mocións impulsan unha comisión de investigación parlamentaria para “clarexar as causas e non buscar culpables” co fin de que os “graves feitos” sucedidos nas últimas semanas “non volvan a ocorrer”

VIDEO

A moción tamén reclama un informe do goberno de Feijóo sobre a xestións destas residencias; o fin das da privatización; un sistema de información ás familias e unha residencia pública en Ourense

O PSdeG-PSOE reclamará que Concello e Deputación de Ourense esixan ao Parlamento de Galicia aclare o acontecido nas residencias de maiores durante a pandemia, creando unha comisión de investigación sobre a xestión do goberno de Alberto Núñez Feijóo por mor da crise da COVID-19. Os socialistas impulsan dúas mocións coas que buscan “clarexar as causas e non buscar culpables” co fin de que os “graves feitos” sucedidos nas últimas semanas nestes espazos que dependen da Xunta de Galicia “non volvan a ocorrer”.

Marina Ortega, candidata ao Parlamento de Galicia e responsable de política social do PSdeG, asegura que o acontecido foi o “maior agravio” debido a que “foron o foco” da metade dos falecementos. Ortega recorda que as competencias “foron, son e serán da Xunta”. As causas deste problema débense a que durante os últimos 11 anos a política social do PP con respecto aos maiores foi, asegura, “a da privatización”, feito advertido polo Consello de Contas onde nun informe de 2018. Este documento destaca o “desmantelamento do servizo e anomalías e irregularidades” que debían correxir como ratios persoal. A candidata considera que é “de vital importancia a seguridade e a transparencia de información coas familias” que teñen dúbidas con respecto ao número de falecementos e insiste en que “é de xustixa que teñan acceso a esta información”.

Os socialistas preguntan a Feijóo se houbo un “protocolo interno que restrinxise a asistencia sanitaria ás persoas grandes dependentes en residencias” e si estamos nunha “casuaística similar a Madrid”. Así mesmo, solicitan saber que acontecerá nos centros intervidos pola Xunta unha vez deixen de estar intervidas, cuestión que os socialistas consideran “urxente” aclarar.

Concha García Lozano, edil no Concello de Ourense, afirma que o decreto do estado de alarma “non exime ás comunidades autónomas das súas responsabilidades”, como as residencias de maiores que son competencia da Xunta, polo que “Feijóo non pode eludir as súas responsabilidades” e as familias precisan “resposta nun asunto de vital importancia” coma este. Tampouco debe evitar as repetidas denuncias do persoal sanitario polos recortes e a privatización do sistema –500 camas menos de hospitais e 2.000 millóns de € en recortes–. A concelleira resaltou ademáis a “importancia da atención psicolóxica que precisarán as persoas que conviven nas residencias pola situación vivida durante a pandemia”.

Pola súa banda, o voceiro dos socialistas, Rafa Villarino, aseverou que Feijoo está levando a sanidade e a política social a “unha auténtica debacle” e por iso esta investigación é “indispensable” tras non querer asumir responsabilidades e culpar ao goberno do Estado. Villarino explica que a actuación na provincia foi “lamentable e baseada na ocultación de información ata que se viron desbordados”. “Exemplo delo foi o acontecido na Residencia San Carlos de Celanova onde as propias traballadoras tiveron que saír aos medios a pedir axuda para que a Xunta deixase de por trabas”, recordou antes de sinalar que no caso de O Barco “foi o propio alcalde da vila quen tivo que saír a facer forza”. Tamen puxo o foco no caso da Residencia Nuestra Señora de la Esperanza da cidade onde “tardaron máis de dúas semanas en realizar test masivos converténdose no principal foco de contaxios de Galicia”.

O obxectivo da comisión non é buscar “culpables senón buscar causas”, insistiu, porque o modelo residencial galego “non pode seguir cun 72% de residencias privadas e poñendo, por riba de todo, o lucro e a rendabilidade”.

As mocións instan ao Parlamento á constitución dunha comisión de investigación e á Xunta a presentar un informe onde consten as accións realizadas até o momento nas residencias da terceira idade así como os expedientes abertos, e as sancións aplicadas perante posibles incumprimentos. Igualmente reclaman protección e probas para persoal e residentes; elaborar un plano para a medicalización; establecer un mecanismo de aceso á información para as familias dos residentes transparente, estable, fiable e diario; mudar as políticas de privatización; poñer en marcha axudas para as familias que están a custear prazas privadas ou que a próxima residencia que se constrúa en Ourense sexa de xestión pública e directa.