Os concellos de Ribadavia, Castrelo de Miño, Cortegada e Padrenda deciden non abrir as piscinas municipais neste verán 2020.

Esta decisión ven motivada polos importantes gastos que se derivarían de adaptar as instalacións á normativa derivada da crise do COVID-19, así como á severa restricción de aforos que se produce como resultado da aplicación desta nova normativa.

Os Concellos de Ribadavia, Castrelo de Miño, Cortegada e Padrenda decidiron non abrir as piscinas municipais nesta campaña de verán 2020. A decisión adoptada por estes catro concellos ven motivada polos importantes gastos que se derivarían de adaptar as instalacións á normativa derivada do COVID-19, así como á severa restricción de aforos que se produce como resultado da aplicación desta nova normativa.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os alcaldes destes catro concellos optaron por tomar esta decisión de xeito conxunto logo de estudar diferentes posibilidades para levar a cabo a apertura das piscinas municipais. Tras intentar esgotar todas as posibilidades concluiron que, ante a nova normativa derivada do COVID-19, os custos de apertura das instalacións son enormemente elevados o que pode supoñer en moitos casos un esforzo excesivo para as arcas municipais. Por outra banda, o elevado custo e a exhaustiva normativa a cumprir uníase a unha importante reducción dos aforos nas piscinas municipais, o que provocou que, unha vez analizadas todas as variables presentes na toma da decisión e tendo presentes as características das piscinas de cada un destes catro concellos, os catro alcaldes decidisen non abrir as piscinas municipais neste verán 2020.