O PSdeG-PSOE de A Veiga denuncia publicamente o “despilfarro” económico levado a cabo polo goberno do Partido Popular no municipio, que decidiu gastar a 161.000€ en actuacións para embelecer a zona do punto limpo, sita fóra do casco urbano do municipio. Os socialistas critican que namentres “se malgastan fondos públicos” en actuacións que “non son necesarias”, abandónase e desleixase o casco urbano de A Veiga. Poñen como exemplo a rúa de A Pateira, a máis antiga do municipio e que se atopa nunha situación de total abandono. “Namentres se centran en minucias, o PP e o alcalde Juan Anta dan as costas as auténticas realidades que hai que solucionar, ignorando o sentir da veciñanza”, apunta o voceiro socialista Fernando Fernández Yáñez.
Dende o Grupo Municipal Socialista afirma que no pleno do pasado 28 de abril, o grupo de goberno municipal do Partido Popular aprobou un gasto de carácter plurianual de 54.493,77€ para o ano 2020/2021. A elo súmase unha subvención de 106-506,23€ da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, contemplada dentro do Plan Urbe 2019/2020 e que fará que en total se destinen 161.000 a devandita actuación na zona do Punto Limpo, fora do casco urbano. Os socialistas abstivéronse no pleno ante a falta de información do proxecto, pero afirman que “unha vez analizada a información e o proxecto, a nosa postura é de total rexeitamento por consideralo innecesario, inoportuno e improcedente”, subliña Fernández Yáñez.
Ante esta situación, dende o PSdeG-PSOE de A Veiga esíxenlle o PP que “teña sensatez, que reconsidere o proxecto e que destinen ese importe a rematar a urbanizacións das rúas anteriormente citadas, parte vital do noso municipio e que levan anos abandonando e desleixando, prexudica a nosa veciñanza”.