O PSdeG-PSOE de Leiro ven de rexistrar unha petición formal no Concello para que se proceda con “carácter de urxencia” a limpeza integral da Ponte da Esperela e da Ponte de San Clodio, xa que tal e como denuncian presentan unha imaxe “deplorable e de abandono” e están totalmente cubertas pola maleza. Dende o Grupo Municipal Socialista tamén se critica a “desidia” do alcalde do Partido Popular, “o que parece que a imaxe do noso municipio lle importa pouco”, apunta o voceiro do PSdeG en Leiro, Manuel Rodríguez.
Piden ao Concello que solicite á Xunta de Galicia e as administracións competentes a limpeza inmediata de ámbalas pontes ou que sexa o propio consistorio o que asuma esta tarefa
O Grupo Municipal Socialista rexistrou tamén outro escrito no que instan ó Concello a elaboración dun bando para recordarlle á veciñanza a obriga de manter as fincas limpas e que no caso de que non se proceda á limpeza das mesmas, sexa o propio Concello o que adopte as medidas o seu alcance para proceder a limpeza e evitar riscos á veciñanza.