A Confederación do Miño-Sil elimina especies invasoras da marxe dereita do Miño en Ourense.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Serán retiradas as especies Arundo Donax, Acacia Dealbata e Ailanthis Altissima, presentes en máis de 7 quilómetros de río
 Estes traballos prolongaranse ata o mes de agosto e supoñen un investimento próximo aos 50.000 euros

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO
  • A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, continúa os traballos de limpeza de ríos na provincia de Ourense. A actuación máis importante desta semana realízase na marxe dereita do Miño na cidade de As Burgas.
    Problemática actual
    Da inspección previa realizada observouse importante presenza de rodales de tres
    especies exóticas invasoras acacia, ailanto e cana, Arundo donax, Acacia dealbata e
    Ailanthis altissima, respectivamente. Ademais, detectouse un gran número de árbores
    secas en pé con risco de caída a leito ou zonas de paseo e outros caídos en dominio
    público hidráulico e zona de servidume.
    Actuacións programadas
    Os traballos consisten na talla, amontoado e retirada dos pés de acacia e ailanto; no
    caso de exemplares de alialanto de pequeno tamaño levará a cabo arrinque manual
    con raíz.
    Tras a curta aplicarase herbicida con pincel sobre os tocos para o control do
    rebrote. Naqueles casos en que o diámetro dos tocos non permita a aplicación de biocida
    con pincel, por ser moi pequenos e numerosos, realizarase unha aplicación
    localizada con pulverizador de mochila.


Tamén se procederá á curta, amontoado e retirada das canas presentes no tramo e
inmediatamente despois da execución se pulverizará a zona con biocida; así mesmo
en zonas sen risco de erosión -con baixa pendente e afastadas do alcance de augas
medias- procederase á extracción de raíces mediante decapado mecánico localizado.
Por outra banda, realizarase a talla, partido, amontoado e retirada das árbores secas en pé
e das árbores caídas presentes no tramo.
Todo o material vexetal resultante cargarase e xestionarase a través de xestor
autorizado.
Finalmente contémplase a posibilidade de culminar a actuación no outono con estaquillado
ou plantación de especies de matogueira ou arbóreas propias de ribeira ou que
poida certificarse a súa compatibilidade.
Estes traballos, que están a ser executados unha brigada composta por 4 operarios
especializados apoiados por maquinaria na retirada dos exemplares máis
consolidados, prolongaranse ata o mes de agosto e supoñen un investimento próximo aos
50.000 euros.