Noa Presas comprometese a impulsar o potencial vitivinícola do Ribeiro

Noa Presas comprometese a impulsar o potencial vitivinícola do Ribeiro e garantir as prestacións dos servizos públicos no rural

AUDIO NOA PRESAS

AVANTAR ACTIVIDADES


A formación nacionalista afirma que está en condicións de liderar a alternativa aos 11 anos de Feijóo con Ana Pontón á cabeza

A candidata visita o Concello de Castrelo de Miño onde se compromete a desenvolver unha política de fomento da conservación e a rehabilitación de vivendas

A candidata do BNG por Ourense, Noa Presas, mantivo un encontro coas veciñas e veciños de Castrelo do Miño. Na xuntanza tamén acudiu o actual alcalde do concello, Esteban Suárez Presas prometeuse a romper coa inercia e o abandono do PP coa comarca do Ribeiro e chamou ás veciñas a confiar nunha organización solvente e determinante como o BNG para levar a cabo unha política de fomento da conservación e rehabilitación integral de vivendas  no medio rural que sirva para potenciar o acceso a vivendas dignas.

“Imos romper coa inercia dun territorio que leva gobernado polo PP practicamente en todas as institucións nas últimas 4 décadas deixando pasar oportunidades de futuro” comezou explicando a candidata do BNG. As e os veciños de Castrelo non poden confiar nun Partido que só ten palabrería incumprida para Ourense e para a comarca do Ribeiro. “Lembrade que foi Feijoo quen prometeu unha fábrica de coches en Melón, hoxe non só non existe senón que non foi quen de impulsar a fixación de novas actividades económicas en toda comarca” sinalou Presas.

A realidade é que” o PP sempre abandona o Ribeiro, goberne quen goberne. É hora de pasar a páxina do bochorno e do caciquismo” reafirmou Presas. Asemade, sinalou que o BNG comprométese a que, a partir do 12 de xullo, a cooperación sexa a forma de traballar cos concellos galegos e a buscar unha saída, entre outros problemas, a cuestións tan importantes coma o saneamento da auga. Nese sentido, Noa Presas mostrou o seu compromiso para cooperar e poñer punto e final aos recorrentes problemas de arsénico mediante un macro bombeo a través de Augas de Galiza.

A formación nacionalista tamén se comprometeu a levar a cabo un desenvolvemento dunha política de fomento da conservación e rehabilitación integral de vivendas no medio rural que sirva para potenciar o acceso a vivendas dignas nos concellos de menor poboación, contribuíndo a fixar poboación.

Cambio galego liderado por Ana Pontón

“Ourense necesita un cambio político o próximo 12 de xullo e nestes momentos o BNG está en condicións de liderar a alternativa aos 11 anos escuros de Núñez Feijoo” indicou a candidata por Ourense. Desde a formación son conscientes de que a enquisa que vale é a do día das eleccións, desde o BNG están a percibir unha boa acollida na precampaña e as enquisas como a de onte do CIS indican dúas cuestións moi claras: “o BNG segue medrando e sumando e Ana Pontón é a líder política preferida para ser presidenta polos votantes que queren cambio” afirmaron desde a organización nacionalista.

Presas sinalou que en Ourense se xoga a maioría absoluta do Partido Popular e afirma que o BNG será determinante. “Cun goberno galego liderado polo BNG será prioridade impulsar o potencial vitivinícola do Ribeiro, garantir a prestación dos servizos públicos no rural e reivindicaremos que as bacías hidrográficas sexan transferidas a Galiza para acabar por fin cos problemas de navegabilidade do Miño” concluíu a candidata do BNG.