A coalición Espazo Común-Recortes Cero-os Verdes-Municipalistas realizou o primeiro mitin telemático da campaña

Tivo lugar na tarde de onte sábado, coa presenza dos candidatos das catro provincias, entre eles Francisco Fraga, candidato por Ourense, e de Pachi Vázquez.

Ao longo do evento, conectaronse, en diferentes momentos, máis de duascentas persoas, superando amplamente as previsións.

AVANTAR ACTIVIDADES

Na tarde de onte tiña lugar o primeiro mitin telemático desta campaña de Eleccións Autonómicas, no que os candidatos da coalición Espazo Común-Recortes Cero-Os Verdes-Municipalistas expuxeron as liñas xerais das propostas coas que agardamos contar co apoio da cidadanía para darlle voz no Parlamento Galego.

Ao longo do acto de pouco máis dunha hora de duración conectáronse máis de duascentas persoas, todo un éxito tendo en conta que é unha experiencia novidosa realizada como piloto.

As intervencións dos cabezas de lista das catro provincias xiraron en torno á necesidade de facer reformas que blinden dereitos que non son negociables coma o coidado da saúde, as pensións, a igualdade ou no caso de Ourense, a loita contra a marxinación e o despoboamento.

Francisco Fraga, número 1 da coalición nesta provincia incidiu en que a nosa principal motivación é que Ourense teña voz en Santiago sen depender do que se decida en Madrid ou en Santiago.

Pachi Vázquez, que pechou o acto, tamén incidiu nesta necesidade de que o papel de Ourense pase a ser de máis relevancia, negando o servilismo e o esquecemento ao que nos someten fai anos e que deriva en que sexamos os derradeiros en tódalas estatísticas socioeconómicas, cunha perspectiva moi pesimista a curto prazo se non mudamos as cousas. “E as cousas mudanse votando, por iso Espazo Común-Recortes Cero-Os Verdes-Municipalistas é a única alternativa 100 % ourensá e que non se vai deixar asoballar por ninguén”