Quince peóns forestais, xardiñeiros e persoal de limpeza acondicionan os xardíns, zonas verdes, espazos públicos e beirarrúas do casco urbano

A área de Medio Ambiente do concello do Carballiño, que coordina a concelleira Rita Soto, procede dende hai máis dunha semana á limpeza e acondicionamento de beirarrúas, xardíns, zonas verdes e espazos públicos do casco urbano do Carballiño.

Trátase de seis peóns forestais e dous xardiñeiros, que se encargan dos xardíns e zonas verdes. Tres peóns forestais máis, da mancomunidade turística O Carballiño-O Ribeiro, que se ocupan do desbroce e acondicionamento dos sendeiros do río Arenteiro. E outros catro operarios do servizo de limpeza, que se encargan da limpeza viaria. Neste período lévanse limpado os viais e espazos públicos, e acondicionado os xardíns e zonas verdes da Uceira, Avenida de Compostela, Castelao, Catro Camiños, rotonda da Casa Azul, Alameda, Praza Maior, Praza do Cercis, Veracruz, Auditorio e Avenida do Parque, entre outros lugares, e agora os traballos de acondicionamento centraranse no parque municipal e no resto das rúas da vila e tamén no rural, co obxectivo de que O Carballiño poda ofrecer a súa mellor imaxe durante a tempada de verán que comeza esta fin de semana

AVANTAR ACTIVIDADES