Concello de Cenlle: contratación de dous traballadores

Hoxe sae publicado no BOP a seguinte convocatoria para contratación

Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local, con data 10/02/2020, e tras a nova convocatoria aprobada pola Deputación Provincial de Ourense, do 13 de maio de 2020, de ampliación do importe noutros 20.000 € máis do inicial:

AVANTAR ACTIVIDADES

1.- Número e denominación das prazas: dous traballadores para a realización do Programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade (Acondicionamento de vías públicas e medioambientais do Concello de Cenlle).

2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa.

3.- Duración do contrato: catro meses.

4.- Sistema de selección: concurso de méritos.

5.- Retribucións totais: 1.108,33 €/mes (incluída pppe).

6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, no rexistro do Concello de Cenlle ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, http://cenlle.sedelectronica.gal