Este próximo xoves, 25 de xuño, a Escola de Música e o Conservatorio abren o prazo de preinscrición de matrícula para o curso 2020/2021.
Para formalizalas, hai que solicitar cita previa chamando ao teléfono do concello 988 530007 ext. 327 (área de Educación).
As idades mínimas para comezar os estudios no Conservatorio son os 8 anos, e na Escola de Música, os 6 anos no relativo a Música e movemento, e 7 anos para instrumento.
Neste próximo curso a Escola de Música contará cunha nova especialidade instrumental, como é Música moderna improvisación. Ademais, as disciplinas e especialidades que se poden seguir son: frauta travesera, saxofón, clarinete, trompeta, tuba, trombón, trompa, bombardino, violín, viola, guitarra, piano, percusión, canto, música e movemento, linguaxe musical preparatorio e linguaxe musical adultos