Manten os adestramentos das súas sección de patinaxe artística, grupo show e patinaxe de adultos, oferta o seu Campus de Verán, planifica unha tecnificación e anuncía a creación dunha escola e unha sección de patinaxe de velocidade
VIDEO
O Club de Patinaxe Aehde O Carballiño, que organizou un importante número de actividades durante o confinamiento, non para durante o verán. Coincidindo coas fases da desescalada o club foi volvendo á normalidade. A patinaxe artística na modalidade de libre (individual) foi a primeira en volver cumprindo todas as normas sanitarias e de hixiene e esta mesma semana voltaron os adestramentos presenciais do grupo de show e tamén as clases de patinaxe para adultos.
As patinadoras e patinadores teñen que tomarse a temperatura antes do adestramento, ó que deben acudir con mascarilla, e desinfectarse as máns. Cada unha das patinadoras e patinadores dispoñen dun habitáculo de dous metros para deixar as súas pertenzas e en ningún momento se mezclan os grupos, que sempre son os mesmos. A desinfección é constante en cada adestramento, tanto físico como cos patíns.
Estas actividades non pararán durante todo o verán co fin de recuperar todo o tempo perdido e de estar o mellor preparados posible para cando volvan as competicións, para as cales polo dagora non hai data concreta. Eso sí, o club traballa coa posibilidade de poder facer unha exhibición ó longo do verán no Carballiño.
Dun xeito paralelo, a entidade como cada ano, organizará o seu Campus de Patinaxe onde se combinarán patíns con actividades de ocio e natureza, especialmente este último apartado este ano, e onde se seguirán todos os protocolos de seguridade dictados pola Xunta de Galicia. Nesta ocasión o campus será na segunda quincena do mes de xullo.
E para o mes de agosto o club traballa na celebración dunhas xornada de tecnificación en O Carballiño coa presenza de patinadores mundialistas como xa acontecera no verán do 2019. Sería o broche de ouro a un verán cheo de actividades e iniciativas que pretenden aumentar ainda máis a visibilidade do noso deporte.
A maiores, e como anticipo de cara a vindeira tempada, o club pretende aumentar a súa oferta coa creación dunha escola e un equipo de competición de patinaxe de velocidade tendo en conta o importante número de practicantes de patinaxe en liña que temos na nosa comarca. Unha oferta que se uniría a xa veterana escola de patinaxe artística do club que reanudará a súa actividade no vindeiro mes de outubro.