O BNG exixe que as institucións restablezan os servizos fundamentais para a cidadanía

As nacionalistas sinalan que servizos fundamentais coma o SEPE ou a Tesoureira da Seguridade Social continúen traballando telematicamente

O Grupo Provincial do BNG presentou unha moción ó Pleno da Deputación Provincial onde solicita o respaldo de todos os grupos políticos con representación nesta institución co fin de instar ás Administracións do Estado e da Xunta de Galicia a restituír servizos fundamentais á cidadanía que ó noso entender non hai xustificación a que se manteñan en situación de letargo cando non directamente pechados.

AVANTAR ACTIVIDADES

“Non resulta lóxico que se estea a recuperar a normalidade no traballo e demais actividades, cando servizos tan fundamentais como os Centros Ocupacionais, Centros de Día ou  Escolas Infantís permanecen pechados” sinalou o voceiro do BNG na institución provincial, Bernardo Varela. Continuou explicando que estes espazos son necesarios para “non só para a conciliación nas familias senón como unha fase no proceso educativo das crianzas” e incluso no caso dos Centros de Día e Ocupacionais, para evitar o deterioro físico e cognitivo dos seus usuarios.

Para a formación nacionalista, a Xunta de Galicia “do Sr. Feijoo non pode escudarse na presencia dun virus” senón que deberá establecer os protocolos necesarios que, segundo “el mesmo afirma permitirán votar o vindeiro 12X con menor risco que no mes de setembro”. Desde o BNG afirmaron que este argumento non é válido como tampouco o ten que servizos fundamentais como o SEPES ou a Tesourería da Seguridade Social se manteñan en atención telemática, cando a cidadanía mais os precisa.

Os Concellos da circunscrición de Ourense foron quen de dar resposta desde o primeiro momento ós múltiples retos ós que nos confrontou o Covid-19, mantendo os servizo de axuda no fogar, as labores de limpeza e recollida de lixo, a actuación dos Servizos Sociais municipais e en boa medida xa fai tempo recuperaron a práctica totalidade dos seus servizos á cidadanía.

“É pois o momento de esixir ó resto das administracións a recuperación de actividades básicas para a cidadanía, que especialmente no caso da Xunta de Galicia antes se queixaba de seica non tiña competencias e cando as ten plenas se pon de perfil ou lle traslada toda a responsabilidade ós Concellos” lembraron desde a organización nacionalista. Exemplificaron o acontecido mediante o caso das verbenas ou parques infantís, namentres espazos moito mais controlados en canto ó seu número, procedencia e con persoal especializado a cargo permanecen pechados como as escolas intantiles, ó ser competencia do Sr. Feijoo).