VIDEO: Inicio campaña electoral das autonómicas no Carballiño

A tradicional pegada de carteis de onte a noite deu comezo a unha campaña electoral única e distinta a todas as anteriores. E o é non só pola data do 12 de xullo, a primeira vez que terán lugar uns comicios en pleno verán, senón porque se van a celebrar durante unha pandemia. A pesar de estar na chamada “nova normalidade”, tanto a campaña como as votacións terán que celebrarse baixo rigorosas medidas de hixiene sanitaria.

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

Onte na Praza Maior do Carballiño deronse cita simpatizantes, concelleiros, alcaldes e autoridades de varios partidos que concorren as eleccións como o PSdeG-PSOE que di arrincar a campaña con forza, ilusión e ganas de cambiar o futuro de Galicia e afirman que é a hora das oportunidades, do estado de benestar, da Sanidade e Educación públicas e de oportunidades para os galegos.

Tras a estatua da pulpeira do Carballiño tamén congregáronse votantes, autoridades e alcaldes populares da comarca para apoiar ao seu partido e dar o pistoletazo de saía a campaña electoral coa pegada do primeiro cartel que fixo o voceiro do PP do Carballiño, Ricardo Perea, que tiña moi claro que o seu partido ten o mellor candidato e que é o que se vai a comprometer co desenvolvemento de Ourense, con máis sanidade, máis servizos públicos e máis infraestruturas.

Na Praza do Emigrante reuníanse os seguidores e afiliados de Espazo Común así como concelleiros de distintas localidades. Procedía a pegar os primeiros carteis o candidato número un pola provincia de Ourense pola coalición entre Espazo Común-Recortes Cero-Os Verdes-Municipalistas, Francisco Fraga, quen afirmaba que se queremos que Ourense teña capacidade de decisión o 12 de xullo hay que votar por Espazo Común.

Para Pachi Vázquez, o número un de Espazo Común no Carballiño que tamén participaba neste acto aseguraba que con 9.000 votos terán a chave do goberno galego.