O PSdeG-PSOE impulsará os hospitais comarcais de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O PSdeG-PSOE analizou hoxe coa Comisión de Centro do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) as necesidades da sanidade pública, así como o pulo que os socialistas pretenden aplicarlle desde a Xunta. Logo das eleccións autonomicas do 12 de xullo “imos dar dignidade aos sanitarios que piden estabilidade en lugar de contratos por horas”, anuncian os candidatos e candidatas ante un “Feijóo que só quere mercar votos e xogar cos profesionais con cheques indignos”. “Queremos devolver á sanidade a calidade que perdeu durante este plan de derrubamento do PP” tanto no CHUO como nos hospitais comarcais que o PSdeG reforzará.

Os candidatos Marina Ortega, Carmen Rodríguez Dacosta e Miguel Ojea, puxeron o foco no fortalecemento da sanidade universal apostando polos centros comarcais e pola atención directa e de proximidade. Tamén destacaron o aumento de 5.000 prazas estables no cadro de persoal e a eliminación dos contratos precarios, así como unha taxa de reposición do 100 %.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Marina Ortega asegura que, durante a reunión, “vislumbramos problemáticas moi preocupantes en situacións que durante a crise da COVID-19 crearon alarma” como as unidades de críticos “ao ser Ourense a única provincia de Galicia que non cumpre as ratios” logo destes longos anos de recortes continuados de Feijóo cunha “enfermeira para cada tres pacientes”. “O noso compromiso é firme cunha sanidade pública de calidade, co fortalecemento da atención primaria e coa atención de proximidade nos hospitais comarcais de Ourense”, dixo antes de anunciar “o reforzo da atención pública” tras un “recorte de 1.000 camas e unha gran precarización do persoal que merece condicións dignas”.

Marina Ortega nunha entrevista a Badal Televisión