A nova normalidade e a chegada do verán amosaban dúbidas con respecto ás zonas de baño que habería disponibles este ano. O pasado sábado abría as súas portas a piscina municipal do Carballiño, cas medidas de seguridade sanitaria actualizadas: distancia social grazas á sinalización de parcelas no céspede, limpeza e desinfección e control do aforo máximo. Mañá será o turno da piscina municipal de Maside, A Rañoa, na que tamén se implementarán medidas que garantan a seguridade dos bañistas.