Hoxe inician a súa actividade os locais de ocio nocturno e as verbenas

No marco desta nova normalidade, a partir de mañá tamén iniciarán a súa actividade os locais de ocio nocturno e as verbenas, con limitacións de aforo e rigorosas medidas de prevención

A Xunta de Galicia anunciou os protocolo a seguir para a apertura, a partir de mañá mércores, día 1 de xullo, dos locais de ocio nocturno.

AVANTAR ACTIVIDADES

O protocolo establece o mantemento de distancia interpersoal, o uso de equipos de protección, hixiene e desinfección, ou ventilación. Nos locais de ocio nocturno, o seu interior estará limitado a un aforo de dous terzos. E as pistas de baile estarán limitadas ao 50% da súa ocupación. O uso da máscara será obrigatorio dentro do local e haberá un sistema de rexistro para poder localizar aos clientes no hipotético caso de que se detectase un positivo.

No caso da verbenas, o aforo calcularase cunha persoa por cada tres metros cadrados e haberá fixados aforos máximos.. Para poder facer cumprir estes aforos, será preciso que a zona do evento estea delimitada. Deberá tamén un punto de entrada e de saída diferenciados.

O escenario deberá estar a, polo menos, catro metros de distancia do público; e tanto os compoñentes das orquestras e bandas como o público deberán portar máscaras de forma obrigatoria.

En canto ás atraccións de feira, o aforo tamén se calculará na base dunha persoa por cada tres metros cadrados.

As atraccións poderán ocuparse ata un máximo que permita manter a distancia de seguridade interpersoal. Nas atraccións que non teñan asentos, o aforo máximo será do 50 por cento. Neste caso, será tamén obrigatorio o uso de máscaras.