A asociación de veciños de Partovia alerta do mal estado da cheminea da antiga fábrica de Porto de Eguas e do seu risco de derrube

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O colectivo vecinal publicou un vídeo nas súas redes sociais a vista de dron no que se amosa a cima da estructura da cheminea da fábrica e o estado de deterioro no que se atopa, con varias grietas que evidencian o risco de derrubo.  Esta cheminea ten uns 20 metros de altura e pertence á antiga fábrica de madeira, preto dunha vintena de vivendas habitadas.

VIDEO da CHEMINEA

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO
Video da cheminea

Os veciños da zona están preocupados por esta situación e conseguiron certa repercusión nas redes, ademáis de trasladar estas imaxes ó alcalde do Carballiño pedindo algunha solución. Esta peza está catalogada por Patrimonio, polo que o primeiro paso sería pedir os permisos pertinentes a esta institución.