A confederación de empresarios de Ourense analiza o mercado mexicano para fomentar a exportación cara a este país

CEO


A presidenta da CEO, Marisol Novoa, interveu ao comezo para presentar a sesión e ao relator, destacando deste último que é consultor homologado do ICEX e profesor de Esic (Escola Superior de Investigación Comercial), ademais, é licenciado en Dereito e conta cun máster sobre Comercio Internacional por Esic. En México Ubide é director técnico do Programa de Internacionalización de Empresas en Chihuahua e en Puebla. Ademais, é colaborador para este mercado en Asturex e promotor comercial da Cámara de Navarra tamén para México. Actualmente é consultor de empresas en materia de estratexia, internacionalización, intelixencia de mercados e intelixencia competitiva.

As características do país e dos seus habitantes, datos e curiosidades culturais, políticas e sociais foron o arranque desta sesión de teleformación, as diferenzas entre o norte e o sur e a composición da súa demografía, que conta con grandes grupos de concentración poboacional. O relator continuou compartindo pinceladas da diplomacia comercial e de negocios en México, as etiquetas culturais e a maneira de ser do mexicano, as súas tradicións e a forma de afrontar a vida e os negocios, neste punto Ubide destacou que o mexicano ten un gran respecto pola xerarquía, tanto na sociedade, como na familia e tamén nas empresas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para axudar a estas empresas ourensás nas súas negociacións con empresas mexicanas, o relator explicou igualmente como planificar as citas de negocios, con especial atención á puntualidade, que non é entendida de igual maneira en Ciudad de México ou noutras partes do país; como tratar a documentación nas reunións e como presentala ou todo tipo de consellos foron compartidos por Eduardo Ubide para ter éxito nunha negociación entre dúas empresas a ambos os dous lados e evitar situacións desafortunadas nunha negociación.