Ribeiro en Común reclama que as Entidades Bancarias devolvan as comisións cobradas aos veciños de Ribadavia.

Ribeiro en Común pide que o Concello de Ribadavia se persone neste caso e defenda aos veciños vítimas destas comisións abusivas.

O Concello debe reclamar en todas as entidades bancarias do municipio de Ribadavia que cometeran este tipo de abuso para que procedan a devolución destas comisións a toda a veciñanza e clientes destas entidades, en consonancia co esforzo que toda a sociedade e tecido empresarial tivo que realizar nos últimos meses por mor da pandemia.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Concello ten abertas contas bancarias importantes nestas entidades e por conseguinte debe saír en defensa da súa veciñanza.

Non se pode admitir que os bancos cometan estes abusivos cobros na situación de crise económica derivada da crise sanitaria polo COVID-19, e tendo en conta a situación de precariedade económica que moitas veciñas e veciños de Ribadavia están atravesando. Diante deste recente cobro de “comisións de mantemento e administración” levadas a cabo polas entidades bancarias, destaca a cometida pola entidade “Abanca”, mais hai outras máis, entidade que nos últimos días lle impuxo aos seus clientes unha cantidade excesiva (de arredor dos 50€), supoñendo unha carga económica importante na situación actual para moitas familias, o Concello debe saír ao paso en defensa dos afectados.