O barrio de Flores de cine

Este ano vaise celebrar os días 14, 15 e 16 de xullo no barrio de Flores. Temos tres películas e tamén videopoemas a cargo de Quico Valeiras.

O horario será o mesmo todos os días, ás 22:30 horas. 

AVANTAR ACTIVIDADES

O primeiro día, martes 14,  teremos todo un clásico, ¿Qué fue de Baby Jane?, do ano 1962, unha das grandes películas dese ano, nominada aos Oscar, Globos de Ouro, premios BAFTA…foi dirixida por Robert Aldrich e protagonizada polas grandes Bette Davis e Joan Cradford.

día 15 teremos unha proxección especial, comenzando con videopoemas de Quico Valeiras que nos acompañará para presentalos, e despois a película 1984, dirixida en ese mesmo ano por Michael Radford e protagonizada por John Hurt, Suzanne Hamilton e Richard Burton. Unha distopía baseada no libro de G. Orwell que narra un futuro que xa está aquí en boa medida.

Pecharemos o día 16 con El hombre del brazo de oro, drama de 1955 ambientado no mundo do jazz protagonizado por Frank Sinatra e dirixido por Otto Preminger. As proxeccións cumprirán con todas as medidas necesarias para garantir a seguridade sanitaria, polo que pedimos a colaboración da xente que asista co emprego da mascarilla e o mantemento da distancia social necesaria.