Presas comprométese a blindar o ensino público e impulsar unha mesa de diálogo para o vindeiro curso

Publicidade ASPADISI

O BNG mantén un encontro con representantes do ensino en Ourense para trasladarlle as propostas da formación en materia educativa

Reducir as ratios e impulsar un ensino mellor tamén nas zonas do rural: son algunhas das propostas máis chamativas

HIPER MASIDE

AUDIO

A candidata do BNG, Noa Presas, mantivo un encontro con profesionais do ensino onde propuxo a redución de ratios de alumnos por aula de estudantes e a recuperación de dereitos do profesorado, así como a derrogación do decretazo lingüístico e frear o asentamento da universidade privada de Abanca.

Durante o encontro, interviñeron a secretaria comarcal da CiG-Ensino, María Elena Añel, e a tamén candidata, Sonia Álvarez. Ambas as dúas coincidiron que o modelo aplicado durante estes once anos polo Partido Popular, provocou unha maior desigualdade: con menor calidade e equidade con continuos recortes no ensino público e nos seus orzamentos, en concreto, 2.000 millóns de euros acumulados desde 2009.

Asemade, mentres as escolas públicas perderon recursos no goberno de Feijóo, os centros privado-concertados incrementaron as partidas públicas e blindando os concertos co ensino privado até 2023, incluídos aqueles que segregan por sexo nas aulas. Destacaron que a crise da COVID-19 puxo de manifesto a importancia dun sistema educativo como servizo público e do ensino como dereito pero tamén as consecuencias dos recortes orzamentarios da falta de persoal e mesmo a masificación de aulas.

“Constituiremos unha mesa de diálogo con representantes das organizacións sindicais, das ANPAS e das organizacións estudantís para organizar o comezo do curso 2020/2021 tanto na parte formativa coma nos protocolos hixiénico-sanitarios e de prevención nas aulas, nos centros e nos servizos complementarios” destacou a cabeza de lista do BNG por Ourense. Asemade, Presas comprometeuse a recuperar os dereitos para as docentes, a comezar pola volta ao horario lectivo anterior á reforma do 2012 e a regulación das materias afíns, e reducir as ratios do estudantado por aula.

 Para a formación nacionalista “o profesorado no ensino público non universitario reduciuse en 773 persoas segundo os propios datos oficiais a pesar de que a Xunta fixo unha intensa propaganda aos procesos de convocatorias de oposicións dos últimos anos” e en sitios coma Ourense “vemos cada ano como van reducindo a oferta no rural vulnerando os dereitos da poboación”.

Universidade pública e recuperación das axudas

Noa Presas amosou o seu desacordo coa posíbel entrada e instalación dunha universidade privada, dirixida por Abanca, no país. “Rexeitamos de plano a creación desta universidade privada e apostamos por negociar un novo plan de financiamento universitario