O Psdeg-Psoe reúnese coa Asociación de Empresarios do Polígono do Pereiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O PSDEG-PSOE REÚNESE COA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DO POLÍGONO DO PEREIRO PARA DEFENDER A MELLORA DAS AXUDAS A PEMES E AUTÓNOMOS AFECTADOS POLA PANDEMIA

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os socialistas destacaron as axudas do Goberno central en Ourense con máis de 25 millóns destinados, por primeira vez na historia, a máis de 10.000 autónomos, e 47 millóns para ERTE ou desemprego

Desde o PSdeG defenden evitar “privilexios” porque “non hai autónomos de primeira e segunda” e reclamaron “garantías legais” para todas as persoas que solicitaron prestacións na Deputación

O PSdeG-PSOE mantivo hoxe un encontro coa asociación de empresarios do parque empresarial de Pereiro de Aguiar, co fin de analizar as súas demandas e para detallar a aposta dos socialistas polo incremento e prórroga das prestacións extraordinarias aos autónomos, autónomas, pemes e demais colectivos afectados pola pandemia. Así mesmo salientaron a defensa da legalidade e a igualdade no acceso a estas subvencións na Deputación e de calquera outra administración pública.

Na reunión co presidente da asociación do segundo maior parque empresarial da provincia, Eduardo Cid, participaron o secretario provincial, Rafa Villarino, e o deputado no Congreso, Adolfo Pérez Abellás. Os socialistas explicaron a posición do PSOE, que defende un aumento dos fondos destinados a estas prestacións, así como a súa mellora para chegar a todos os afectados e afectadas pola crise do coronavirus, tanto os que pecharon os seus negocios como aqueles que non pecharon pero que se viron afectados.

Tamén insistiron na necesidade de evitar “privilexios” porque “non hai autónomos de primeira e de segunda” e, por iso, expresaron a imperiosa necesidade de adoptar “garantías legais” para todas as persoas que solicitaron estas prestacións na Deputación de Ourense e que poden verse afectadas polas irregularidades na xestión do goberno provincial bipartito de PP e DO. Así mesmo, durante o encontro neste parque situado na área metropolitana da capital ourensá, resaltaron o papel que están a xogar as axudas do Goberno central na provincia, con máis de 25 millóns de euros destinados, por primeira vez na historia, a máis de 10.000 autónomos, e outros 47 millóns para persoas afectadas por ERTE ou que están a cobrar prestacións por desemprego desde o 14 de marzo.

Desde o PSdeG-PSOE ourensán celebran o último acordo entre o Goberno central e os axentes sociais para aprobar a extensión destas prestacións extraordinarias durante os próximos meses co fin activar e fortalecer a economía ourensá