A Asociación de colleiteiros embotelladores do Ribeiro presentaron en Castrelo de Miño os viños “Xuntas e Xuntos”

Xuntos e Xuntas é un proxecto impulsado pola asociación de Colleiteiros do Ribeiro para transformar unha situación de crise coma a do COVID-19 nunha oportunidade para acceder ó sector da alimentación grazas ó programa MERCA PROXIMIDADE da Conselleria de Medio Rural.

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

A situación de peche da hostalaría amosou a falla de accesibilidade ó producto. Con este proxecto pretendenden dar máis visibilidade ós seus viños de Colleiteiro e achegar ó público o segmento de viños de calidade do Ribeiro.

Xuntas e Xuntos son dous viños, tinto e branco, que baixo o criterio técnico de dous dos mellores enólogos de Galicia, como Álvaro Bueno e Pablo Estévez, reproducen a excelencia dos viños de Colleiteiro dos que se nutren.

O primeiro lote  de Xuntos estará formado por 5334 botellas de viño branco elaborado entre todas as castes brancas do Ribeiro e foi viño aportado por 10 colleiteiros. O primeiro lote de Xuntas serán 1332 botellas de viño tinto no que participan os viños de 4 colleiteiros.

No acto de presentación contouse ca presenza do alcalde de Castrelo de Miño, Esteban Suarez; da Presidenta da Confederación Empresarial de Ourense, Marisol Nóvoa; do Presidente do CRDO Ribeiro, Juan Manuel Casares; do Director de AGACAL, Axencia Galega de Calidade Alimentaria, Manuel Rodríguez, do Presidente da Asociación de Colleiteiros do Ribeiro, Brais Iglesias e do Vicepresidente da Diputación de Ourense, Rosendo Fernández.

Manuel Rodríguez fixo fincapé na importancia que acadou o rural nesta época que atravesamos e as súas vantaxes.

Brais Iglesias falou dos difíciles momentos que viviron co parón da pandemia e contou como se organizou este proxecto dende o inicio.

O presidente do Consello Regulador fixo mención ó recente estudo socioeconómico e estratéxico da D.O. , que xa apuntaba como debilidades a falla de dixitalización e outras medidas para mellorar a comercialización do sector.