A Xunta colabora coa Cruz Vermella para poñer á disposición das familias con dificultades económicas a tarxeta básica

A tarxeta básica permitirá ás familias con poucos ingresos comprar produtos de alimentación, hixiene e farmacia e comezou a súa tramitación a comezos deste mes de xullo e xa se pode tramitar a través dos servizos sociais dos concellos ou da Cruz Vermella e permitirá que os beneficiarios poidan recibir a tarxeta no prazo máximo de 72 horas. O obxectivo fundamental é que as galegas e galegos con dificultades poidan facer uso desta axuda no menor tempo posible e recuperarse así das consecuencias socioeconómicas xeradas pola emerxencia sanitaria da covid-19.

Esta tarxeta terá unha duración inicial de tres meses e recargarase automaticamente, mes a mes, cunha contía trimestral de 450 euros para unha familia dunha persoa, 600 euros para unha familia de dúas persoas e 900 euros para familias de tres ou máis persoas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Fabiola García agradeceu á Cruz Vermella a súa disposición e vontade de axudar sempre ás persoas que máis o precisan e destacou que a súa longa traxectoria e experiencia a nivel nacional convértena na entidade idónea para a posta en marcha desta iniciativa.