Manuel Baltar afirma que o Partido Popular de Ourense “terá de novo un papel decisivo para darlle a Feijóo a cuarta maioría absoluta”

MITIN do PPdeGA EN SAN CRISTOVO DE CEA ás 19.00 no Campo da Saleta Con José Luis Valladares, Miguel Santalices, Ethel Vázquez, e Manuel Baltar

Mitin central do PPOU en Santa Cruz de Arrabaldo

  • O presidente provincial, que garantiu unha política de absoluta colaboración e cooperación institucional cun novo goberno popular, subliñou que “a credibilidade e a confianza que xeran as nosas candidaturas permitiunos gañar oito convocatorias electorais consecutivas, con cifras históricas, como nas xerais de 2011 ou nas autonómicas de 2016, conseguindo o maior número de alcaldías, sendo o único goberno popular de Galicia nunha deputación e mesmo a primeira provincia de España en apoio electoral”.

O presidente provincial do PP, Manuel Baltar, afirmou hoxe que o Partido Popular “terá de novo un papel decisivo para darlle a Feijóo a cuarta maioría absoluta”. Diante dun milleiro de militantes e simpatizantes en Santa Cruz de Arrabaldo, onde desta volta se celebrou o xa tradicional mitin central dos populares ourensáns, Baltar apelou ao “inmenso caudal de confianza” que, elección tras elección, recibe un partido “que só ten un único camiño para loitar polo futuro de Ourense: crer, defender, sentir paixón e falar en positivo e con orgullo do noso”.

AVANTAR ACTIVIDADES

No acto de hoxe tamén participaron o presidente do PPdeG e candidato a revalidar a presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a número uno da lista por Ourense, Marisol Díaz, e o presidente do PP de Castela e León e titular do goberno nesta comunidade, Alfonso Fernández Mañueco.

Baltar lembrou que “a capacidade de mobilización, a credibilidade e a confianza que xeran as nosas candidaturas permitiunos gañar oito convocatorias electorais consecutivas, sempre aspirando a superar cada resultado electoral con cifras históricas, como nas xerais de 2011 ou nas autonómicas de 2016, conseguindo o maior número de alcaldías nas últimas municipais e sendo o único goberno popular de Galicia nunha deputación. Non só iso, dixo, “senón tamén estando entre as primeiras, ou mesmo sendos a primeira provincia de España en apoio electoral”.

O PP de Ourense “nunca busca escusas e si solucións, porque escoita e responde á súa veciñanza, ao contrario dos representes doutras formacións políticas –en referencia ao socialista Rodríguez Villarino- “cunha filosofía política totalmente negativa, baseada na confrontación, na mentira e no boicot”·,.

Estes xeitos de facer política, apuntou Manuel Baltar, “torpedeando a acción de goberno, xa non a quere ninguén, e moito menos logo dos cambios experimentados na sociedade ourensá trala crise sanitaria, e a crisis económica e social que xa albiscamos”.

Coa forza dos votos e dos nove escanos que desde o primeiro momento fixou o presidente provincial como obxectivo nestas eleccións, “garantiremos unha política baseada nas persoas, centrada na creación de emprego, no pulo turístico o unha posta en produción do rural, coa máxima atención aos nosos maiores e tamén daqueles que desexan regresar á súa terra ou ao lugar no que naceron os seus país”.

Pero tamén, puntualizou Baltar, “garantiremos unha política de absoluta colaboración e cooperación institucional cun novo goberno de Feijóo e que nestes últimos anos tivo moitos froitos”. Nesta liña puxo como exemplo o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional, o parque acuático de Monterrei cuxo proxecto xa está en marcha ou as obras de acondicionamento dos acceso ao novo edificio de hospitalización do CHUO.

A cabeza de lista da candidatura do Partido Popular por Ourense, Marisol Díaz, foi a encargada de abrir o mitin e fíxoo cunha breve intervención por culpa da ameaza de chuvia, facendo chegar unha clara mensaxe aos asistentes o acto pedóndolles que o domingo vaian votar e o fagan por unha cuarta maioría de Feijóo.