O Concello de Boborás comeza mañá ca desinfección gratuita de vehículos con ozono en colaboración ca compañía Mapfre

A aseguradora Mapfre en colaboración co concello, pon a disposición dos veciños e veciñas de Boborás unha limpeza de ozono dos vehículos de maneira gratuita, que se celebrará durante a xornada de mañá venres día 10 de xullo.

O horario será de 9 a 14.00 e de 16.00 a 19.30 h o lado do edifício sociocultural “Manuel Chamoso Lamas” de Boborás, detrás do colexio. Reservas de cita nos 988402008 en horario de mañá.

AVANTAR ACTIVIDADES