O BNG
comprométese a poñer a pleno rendemento a residencia pública do Carballiño e
apostar pola construción dun novo Centro de Saúde
Para Presas, un BNG forte no goberno e liderando o cambio
significa unha aposta “pola sanidade pública”
A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, participou nun encontro coas veciñas e veciños do Carballiño na emblemática praza da Veracruz. Presas chamou á mobilización para que o vindeiro 12 de xullo sexa posíbel o cambio político en Galiza e “facer historia coa primeira muller presidenta da Xunta de Galiza, Ana Pontón”. Paralelamente, comprometeuse a atender as demandas da veciñanza da vila poñendo en marcha e ao 100% a residencia pública de maiores.
PUBLICIDADE ELECTORAL
Durante o
encontro, no que tamén interviñeron a voceira municipal do BNG na vila, Sofía
García, e o candidato e ex alcalde de Allariz, Paco García, a cabeza de lista indicou
que o Partido Popular “está nervioso” porque sabe que “o medre do BNG este 12X
en Ourense significa que perda a maioría absoluta tras once ano de abandono”.
Presas continuou trasladando a ilusión polo cambio galego afirmando que “cun
BNG liderando o cambio galego, Ourense deixará de estar illado”.
Para
Presas, un BNG forte no goberno e liderando o cambio significa unha aposta
“pola sanidade pública galega e símbolo de que nunca máis se faga negocio coa
vellez das persoas”. Nese sentido, a candidata comprometeuse a facer un novo
Centro de Saúde para O Carballiño xa que o actual ten carencias estruturais e
de persoal, así como poñer “a pleno rendemento a residencia de maiores pública
construída no bipartito e que a día de hoxe non ten as oitenta prazas en
funcionamento”.
“Esta residencia
é un exemplo de como o Partido Popular estivo traballando a prol da
privatización dos servizos públicos, facendo negocio dun aspecto tan
fundamental como é o dereito a unha vellez digna” recalcou Presas.
Mobilización para o vindeiro 12X
Así mesmo,
a candidata chamou á participación e á mobilización o día das eleccións e
concentrar o voto no BNG “unha forza sen máis ataduras que a defensa dos
intereses dos e das galegas”. Presas fixo tamén un chamamento á cidadanía que
aínda, a día de hoxe, está indecisa: “temos un Ourense que non se resigna e
será máis forte o vindeiro 12X para lograr mudar as cousas”.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.Estou de acordoAviso legal e Privacidade