Comunicado do Sergas: O seguemento dos contactos dun caso importado de covid-19 detecta tres casos mais no concello de Beariz

  • Do seguemento dos contactos dun novo caso importado derivouse a detección de tres positivos mais, xa illados e a seguemento a domicilio
  • Dos catro contaxios tres son importados e teñen un nexo familiar

O seguemento dos contactos dun caso importado de Covid-19, unha moza procedente de México que permanece ingresada no Hospital Universitario de Ourense, por unha patoloxía non relacionada co virus, deu lugar a detección de tres casos mais, confirmados por PCR, no concello de Bearíz, dous deles tamén importados e con nexo familiar con esta, e todos eles en illamento e seguemento domiciliario.

Ante os novos contaxios estase a ampliar o círculo de contactos, co obxectivo de limitar o risco de novas infeccións, e tomando as medidas preventivas indicadas nos protocolos aplicables nesta situación.

AVANTAR ACTIVIDADES

Unha vez mais, desde a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras instase a poboación a manter a vixilancia e seguir cumprindo as instrucións das autoridades sanitarias: Hixiene de mans frecuente, emprego de máscara e distanza de seguridade e, ante calquera síntoma compatible coa infección, como tose, febre, cansazo…, quedar na casa e evitar o contacto con outras persoas, ata recibir instrucións desde os seus centros de saúde ou PAC. Asemade, ante calquera dúbida poden informarse chamando ao teléfono 900 400 116.