José Luís Pérez “Chelis” ex-alcalde de Vilardevós súmase ao proxecto de Espazo Común

“A construción dun proxecto progresista que se preocupe de verdade pola comarca de Monterrei é o meu principal obxectivo” declarou Chelis.

“No partido no que militei toda a miña vida xa non queda compromiso nin ideoloxía. Na deriva na que entrou Villarino non podo seguir nin un minuto máis”

AVANTAR ACTIVIDADES

José Luís Pérez “Chelis” é un home cun fondo coñecemento e compromiso coa vida política do Val de Monterrei.

Alcalde do Concello de Vilardevós entre 1995 e 2011 ou deputado provincial por esa comarca entre 2003 e 2011, foron algúns dos cargos institucionais dende os que desenvolveu sempre un incansable traballo para mellorar a vida dos seus veciños cunha especial atención aos problemas do rural e dun Verín, demasiadas veces esquecido polos diferentes gobernos.

Dentro do PSOE foi membro do Comité Nacional Galego, da Executiva Provincial e mesmo Coordinador Comarcal e todo un referente dos mellores momentos deste partido na comarca xunto con Vicente Gómez e Raúl Fernández.

“Non o recoñezo ao que foi de sempre o meu partido. O meu descontento coas decisións que se están a tomar a nivel provincial e galego é total. Non queda compromiso nin ideoloxía. Xa o manifestei en moitas ocasións e ante a deriva na que entrou Rafael Villarino, non podo seguir un minuto máis.

“Chelis” chega a Espazo Común con moita ilusión e gañas de facer o que lle gusta, traballar pola xente sen os enredos e batallas internas que alonxan aos partidos da cidadanía, “Coñezo moi ben a Pachi Vázquez e a Francisco Fraga, o candidato por Ourense, e penso que para a provincia de Ourense sería óptimo acadar unha voz no Parlamento Galego para deter a discriminación coa que nos castigan unha e outra vez”.